La Voz de Galicia

«O libro é unha chamada á sensibilidade e á serenidade»

Santiago

c.p. santiago /  luis rodríguez la voz luis rodríguez

13 Feb 2011. Actualizado a las 06:00 h.

Psicólogo e responsable de Sobredotación intelectual na Consellería de Educación, Luis Rodríguez Cao presentou na biblioteca Ánxel Casal o libro Para que la sombra no sea, unha novela curta para todos os públicos protagonizada por dous nenos superdotados de 5 anos que poñen a proba unha estrutura educativa que os exclúe. Non é a primeira incursión do autor na ficción literaria, pero éo nun tema que coñece ben profesionalmente. «Quería fuxir dos manuais, que só len os profesionais, para abordar a situación dos alumnos superdotados, e animoume a eficacia que acadou a obra de Mark Haddon sobre un adolescente autista, El curioso incidente del perro a medianoche». Di que non pretende facer unha crítica, «senón unha chamada á sensibilidade e á serenidade de pais e profesores con alumnos de alta capacidade intelectual, porque non hai nada máis triste como que a intelixencia sexa un problema escolar».


Comentar