«Trátase de que as mulleres saiban entender que non somos todos iguais»
Santiago
C.R.
04 Oct 2009. Actualizado a las 02:00 h.
Converterse nun home. Este é o obxectivo do obradoiro Ser un home por un día, que impartiron as actrices Patricia de Lorenzo e Natalia Otero onte na Sala Nasa. Unha actividade para-teatral e transgresora, dirixida unicamente ao público feminino, na que quince mulleres con idades moi dispares adquiriron unha nova identidade masculina. Durante unhas horas, se vestiron de home e falaron e se comportaron como tal, vivindo unha experiencia colectiva de emancipación de xénero.
-¿Cales son os obxectivos desta actividade?
-Probar o rol masculino nun entorno lúdico e nun ambiente que propicia á risa. Trátase de asumir o personaxe do outro e cuestionar a construción do xénero, que as participantes acepten tamén o que é diferente, que non somos todos iguais e que aprendan a tolerar ás persoas que non son coma elas en cuestións coma o homosexualidade.
-¿En qué vai a consistir?
-Hai unha parte teórica e de contextualización, máis outra de exercicio teatral de corpo e voz. Despois maquillamos e vestimos a xente, e facemos unha saída a unha tasca da zona para poñer en práctica a nova identidade.
-¿Que tipo de mulleres participan nestes obradoiros?
-Son mulleres con idades comprendidas entre os 13 e os 74 anos con perfís moi diferenciados. Participan viúvas, inmigrantes, persoas maltratadas ou con discapacidade física.