Conta atrás para a candidatura á Unesco do patrimonio inmaterial
Santiago
O Museo do Pobo Galego acolleu os actos de presentación da Xunta Ánxela Bugallo está convencida de que o dictame do 25 de novembro «ten que ser positivo»
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego á Unesco nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego expresando o seu convencimento de que o dictame que previsiblemente se producirá o 25 de novembro «ter que ser positivo». Fixo fincapé no apoio do seu departamento á candidatura e asegurou que, en calquera caso, «non vamos consentir que un dos nosos máis prezados bens desapareza».
No acto, que reuniu a personalidades do mundo da cultura galega, proxectouse un video sobre o disco Meninos cantores , no que participan nenos de Galicia e do Norte de Portugal. Entre os asistentes estaba Santiago Veloso, portavoz da asociación de ámbito escolar Ponte nas ondas!, que foi a entidade promotora da candidatura do patrimonio inmaterial e oral galego portugués. Onte mesmo, a Asociación de Escritores acordou distinguila co galardón Bos e xenerosos 2006.