Expedientes
Santiago
ROIBÉN
21 Dec 2004. Actualizado a las 06:00 h.
O EXPEDIENTE aberto en agosto contra a empresa constructora e a contratada polo Concello para a dirección da obra da praza Roxa non concluíu aínda, pese a que formalmente esa fase quedou pechada onte. Agora ábrese outra cuxa resolución pode demorarse ata medio ano, cando os persistentes problemas de tráfico e a sangría que para os composteláns supón buscar refuxio para os seus vehículos farán esquecer a moitos que algún día este proxecto tivo máis disquisicións que as estéticas ou máis problemas que o calvario de pasar por caixa. Un calvario igual para os usuarios de calquera párking, aínda que neste caso un chisco máis por ese polémico modificado que acabou por outorgarlle ao da praza Roxa o dudoso honor de ser o máis caro da cidade. As polémicas acaban por esquecerse, pero neste caso non antes de que Raxoi se explique, o que terá que facer ante esta nova instrucción.