Ofrenda á autora padronesa
Santiago
17 May 2002. Actualizado a las 07:00 h.
Dacordo cos datos da Fundación Pedrón de Ouro, nas terras asturianas entre o Eo e o Navia, no Bierzo occidental e nas Portelas fálase o galego dende sempre, pese a que en ocasións teñen aparecido asturianistas e leonesístas que cuestionan a galeguidade destas variantes da lingua galega. Pero o certo é que falan este idioma arredor de 50.000 persoas en Asturias, 30.000 no Bierzo e 10.000 nas Portelas, nun contexto no que o seu «uso está pouco promocionado e non se leva a cabo o cumprimento e a aplicación da lei». A entrega de ambos galardóns estará precedida dunha ofrenda floral ante a estela de Rosalía de Castro. O mantedor do acto de entrega será Xosé Antonio Gómez Seage, mentres que o conductor será Xosé Ramón Fandiño Veigas, ambos membros da Fundación. Sera el quen remate a xornada cun xantar nun restaurante padronés. Esta entidade foi creada no ano 1964 para, segundo reza nos seus estatutos, a «defensa da lingua, das letras, da cultura e do patrimonio galegos que atravesaban momentos difíciles para a súa conservación e supervivencia». Neste mesmo ano celébrase o 38 aniversario da súa longa traxectoria como entidade de defensa dos intereses de Galicia.