A súa labor como profesor de Sociais nun centro de Chantada levou a Raúl Soutelo (Ourense, 1968) a dar cun fato de cartas escritas a súa familia por un emigrante no Uruguai. De América para a casa: correspondencia familiar de emigrantes galegos no Brasil, Venezuela e Uruguay (1916-1969), é o primeiro volume dunha serie do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura, presentado onte.
-¿Como xurdiu o libro?
-Explicáballes os meus alumnos a emigración, e unha rapaza, Luz Jorge, dixo que deso falaban unhas cartas que tiña ela na casa. Así que lle pedín que as trouxera, e logo pedinlle a familia que mas deixara fotocopiar polo seu valor documental para o Arquivo da Emigración.
-¿Eran do avó desta alumna?
-Non, eran da familia de González Añel, emigrantes no Uruguay, primeiro ó seu pai e logo a un irmán, que acabou acollido pola familia da miña alumna. Deixoulles canto tiña, e así deron con estas cartas.
-¿Que aportan para o estudio da emigración?
-Teñen un valor historiográfico e no campo das ciencias socias, pero sobre todo aportan unha perspectiva microsocial importante. Contan o que non está nas estatísticas, as causas e as consecuencias de por que emigraron, como viven e onde, para qué mandan cartos e as súas penas e alegrías. Hainas moi tristes, sobre todo a raíz da morte dos pais, ou cando unha muller explica que non volve cos fillos porque sería abandonar ó pai.
-¿É doado atopalas?
-Eu traballo nunha tese sobre Emigración, agrarismo e política local entre 1890 e 1936, así que investigo canto me poida aportar datos. Pero ou é pu unha sorte ou porque no entorno dos veciños e da familia dun houbo emigrantes.