La Voz de Galicia

A porta máxica

Relatos de Verán

Pablo Rico Giz

28 Aug 2019. Actualizado a las 05:00 h.

Hai dous mil anos, pola muralla romana de Lugo, paseaba un romano chamado Máximus. Atopou unha porta moi estraña. Entrou por ela e, cando estaba dentro, viu cousas moi raras: xente con catro ollos, seis brazos, cinco cabezas…

Un pouco despois, mentres exploraba, un ser deses raros saudouno, chamábase Rex, e díxolle que era da tribo dos Corneax.

Falaron un anaco e ensinoulle o seu mundo: que comían, como durmían e presentoulle ao seu xefe. Máximus díxolle que estaban en plena guerra cos castrexos e que non lles viría mal a súa axuda.

Cando Máximus volveu coa súa xente, contoulles todo o que lle pasara e que se atopara cunha estraña tribo. Os seus compañeiros, non moi convencidos do que lles contara, partiron cara aquel lugar.

Cando chegaron alí, entraron detrás de Máximus e quedaron abraiados co que atoparon. Máximus levounos onda o xefe dos Corneax, e falaron entre eles horas e horas, hasta que se puxeron de acordo, e se uniron para loitar fronte aos castrexos.

A primeira batalla na que se enfrontaron, gañárona, pero aínda non se coordinaban moi ben e tiveron que adestrar moito. Uns días máis tarde, xa derrotados os castrexos e conquistada toda Galiza, os romanos partiron cara Roma, onde tiñan ós bárbaros intentando ocupar a súa capital.

Cando loitaron contra os bárbaros, gañaron con facilidade grazas á forza dos romanos e a vantaxe que lles daban os numerosos brazos dos Corneax. Pero na que parecía a última batalla contra os bárbaros, foron derrotados debido ao cansazo das múltiples loitas.

E esta foi a fin dun dos imperios máis poderosos do mundo formado pola alianza de dous fortes bandos.

Pablo Rico Giz, estudante, 12 anos, Lugo.


Comentar