La Voz de Galicia

¿Qué hacer este sábado?

Pontevedra

L. Penide Pontevedra / La Voz
Imagen de archivo de un obradoiro en el Museo de Pontevedra

08 Oct 2022. Actualizado a las 05:00 h.

Concertos, roteiros, degustacións de sidra, obradoiros artísticos... alternativas para gozar deste sábado.

 

Pontevedra

Imagen de archivo de un obradoiro en el Museo de PontevedraREBECA TIZÓN

Obradoiro artístico

Hoxe • 11.30 horas • O Museo de Pontevedra programa un obradoiro artístico experimental dirixido a familias arredor do Camiño, as súas paisaxes e as persoas que o percorren. Esta actividade, que se desenvolverá no Edificio Castelao, forma parte do proxecto O Museo en Camiño, volta á ruta.

  

Caldas-Portas

CARLOS PEREIRO

Ruta da Arquitectura

Hoxe • 10 horas • A Deputación, en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, desenvolve a última das Rutas de Arquitectura que se desenvolverá por Caldas e Portas. O roteiro, guiado por Javier Gómez Darriba, sairá da entrada norte da Carballeira de Caldas cun traslado en autobús a Azucreira de Portas e o seu mirador sobre O Salnés.

  

Marín

CONCELLO DE MARÍN

Festa da Mazá

Hoxe • Todo o día • Coa apertura, ás 10 horas, dos postos de venda de sidra, mazás, artesanía, polbo, empanadas, churrasco... arrancará una nova edición da Festa da Mazá e da Sidra de Santomé de Piñeiro. Ás 12 h., saída da ruta cabalar acompañada, a partires das 13 h., da Charanga Os de Carballido. Pola tarde, Carreira Pinga Pinga (16 h.) e, para rematar, verbena amenizada pola Orquestra Magos e Marietta.

  

Bueu

M.MORALEJO

O galego e as tecnoloxías

Hoxe • Todo o día • Centro Social do Mar • O Concello promove as xornadas «Bueu e a fala: o galego 3.0», que pretenden ofrecer unha reflexión arredor do emprego do galego nas redes sociais e nos novos medios. A xornada de hoxe esta centrada nos videoxogos.

  

Poio

CEDIDA

Concierto

Hoxe • 22 horas • Cafetería A Reiboa • Esta noite programouse a actuación musical do dúo La Mecánica.

 


Comentar