Un actor e un can comparten escenario
Pontevedra
TEATRO PRINCIPAL
20 Jan 2007. Actualizado a las 06:00 h.
A compañía malagueña Cía Barré presenta hoxe Tras la escoba, un espectáculo dirixido a nenos a partir de 5 anos no que un barrendeiro dos anos 60 percorre as rúas acompañado do seu carro e do seu file amigo, o can. A obra, enmarcada do programa de teatro familiar Domingos do Principal, combina o traballo actoral do actor e máis do can. A entrada custa 2 euros e as billeteiras do Principal abriránse ás 16.30 horas.