La Voz de Galicia

Bandeiras

Pontevedra

CHRISTIAN CASARES

NA ÚLTIMA | O |

24 Jul 2004. Actualizado a las 07:00 h.

O QUE lle acontece ás celebracións dedicadas ao espíritu patriótico é que a solemnidade corre as veces o risco de balancearase cara ao ridículo. Pola outra banda hai quen considera que dentro da rixidez protocolaria dunha data tan importante non caben a flexibilidade que un pouco de festa e humor lle dan a cada cousa que se afronta desde esa perspectiva. Está ben que haxa de todo. Con respecto a cerimoniosidade e o ridículo, o dos tamaños non é cousa menor. Pasou con aquela bandeira que colgaran na praza de Colón, en Madrid. Cando máis grandes, máis definen a quen as porta, pois parece que encontran no pano o acomodo ideal para esconder algo. Nos países do norte de Europa hai costumes máis bonitos con respecto das bandeiras. Cando alguén cumpre anos, colgan unha pequena na porta para avisar que é día de festa.


Comentar