La Voz de Galicia

Rutina

Pontevedra

CHRISTIAN CASARES

NA ÚLTIMA | O |

28 Feb 2004. Actualizado a las 06:00 h.

HAI XENTE que fai da rutina a base dunha estabilidade vital que procura o equilibrio necesario para seguir adiante sen sobresaltos. Outros convirten a improvisación en rutina. Son eses que viven instalados no disparate, na improvisación que pasa esa liña das alegrías que adoita colar na vida un pouco de imaxinación para convertirse en caos. Tratei de cerca a un destes últimos, que facía cada día distinto do outro, e dos horarios un desaxuste contínuo. O mesmo facía comezar unha xornada as cinco da mañá para ir pescar que remataba a outra sen durmir ata a hora do aperitivo. Polas noticias que teño continúa así. A xente non é tan distinta unha da outra. Cada quen axusta con fórmulas distintas a vida a unha determinada rutina. Como os soldados da Brilat, que despois de andar metidos la lou-cura da guerra, agora pasean coas mans nos petos pola base de Figueirido, colocandose mentalmente na predisposición de que igual teñen que voltar para o deserto de Irak. Di un estudio que a inestabilidade no traballo aumenta o risco de padecer episodios coronarios desagradables, e que o mellor antídoto é un puco de sosego mezclado cunha pizca de improvisación. Só a xusta.


Comentar