La Voz de Galicia

Gracias, señorito

Pontevedra

MARTIÑO SUÁREZ

¡ARRE HO! | O |

18 Dec 2003. Actualizado a las 06:00 h.

ÁS VECES dá a impresión de que a xente que nos goberna ten algo así como secuestrados os nosos cartos. É o que fan pensar cousas como que varios capitostes do PP digan por aí que se Rajoy non gaña as eleccións da primavera que vén, vaian vostedes preparándose, que nin Plan Galicia, nin limpeza das rías, nin tren de alta velocidade nin rabo de gaitas. É curiosa a capacidade que ten a xente para manexar a carteira allea, da que, por outra parte, día tras día van caendo billetes entre gastos de representación, propaganda audiovisual e mausoleos culturais con mirador á beira da autopista. E encima está ahora a cousa esa de que lle manden a un a factura do que gastou o Sergas na operación de varices que lle acaban de facer no hospital. Gracias, señorito.


Comentar