La Voz de Galicia

«A caldeirada é un prato económico, moi variado e feito co peixe fresco»

Pontevedra

A. CASTROVERDE PONTEVEDRA

A. CASTROVERDE A ENTREVISTA Xosé Manuel Portela, concelleiro de Turismo de Marín De seis a doce euros (1.997 pesetas). Iste é o prezo que terán as caldeiradas en Marín dende mañá ata o vindeiro domingo. As máis caras serán as de rodaballo, rabada e praiolo. Pero, ata un máximo de sete euros, pódense tomar as de raia, bacallao, polbo, casapas, pixota, maruca, e abadexo. O concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Portela, que pretende darlle no futuro un estilo máis galego á festa, soña con facela nun espacio aberto, cunha carpa e moita xente á hora de xantar.

28 Apr 2002. Actualizado a las 07:00 h.

Catrocentas cartas a entidades galegas, carteis nos concellos e propaganda no Turisport (Silleda) anuncian a grande caldeirada de Marín na que, por catro euros máis, dan primeiro prato, postre, viño e café. -¿É un prato para pobres ou para ricos? -É un prato económico, feito con peixe da ría fresco e, sobor de todo, variado. Hai precios dende seis euros (998 pesetas) con productos moi coñecidos. -¿Come caldeiradas? -Si. É un prato sinxelo de facer. O sabor ven do peixe. Polo demáis, é unha simple pataca cocida e unha allada. En Marín forma parte da historia do pobo: os mariñeiros cociñaban este prato cando chegaban de navegar co peixe que lles daba o patrón, aparte do soldo. De feito, se discute se a caldeirada e dun só peixe ou de varios. -¿E de cantos é? -Hoxe en día entendemos o prato como caldeirada do que vai dentro da pota. Parece ser que, nos seus inicios, era do conxunto dos peixes que o mariñeiro recollía e se facían todos xuntos. -Moito contraste coa festa da cigala... -Moitísimo. Son cousas diferentes, ainda que vinculadas á lonxa e o porto. A cigala é o marisco-rei deste concello e posiblemente o rei dos mariscos. É mais de picar que de comer. Porque fartarse a comer cigalas quizá non estea ó alcance de moitas economías.


Comentar