La Voz de Galicia

O CEIP Padre Crespo pasa á segunda volta do Ecopreguntoiro

Xunqueira de Ambía

carballo / la voz
Participantes del Ecopreguntoiro en la fiesta de clausura del curso pasado, en Cerceda

ECOVOZ | Agora xa só competirán oito dos dezaseis centros que participan nesta edición do concurso impulsado por Sogama e Radio Voz

11 Mar 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O CEIP Padre Crespo, do pequeno concello ourensán de Xunqueira de Ambía, clasificouse este venres para a segunda volta do Ecopreguntoiro, na que xa só competirán oito dos dezaseis centros que participan nesta edición do concurso impulsado por Sogama e Radio Voz.

Os ourensáns gañaron aos alumnos do Colexio María Assumpta, de Noia, por un resultado de 7-5 tras aproveitar un rebote na segunda pregunta, referida aos diferentes tipos de vento segundo a súa intensidade (brisa, vendaval e furacán). O centro ourensán pasa así a unha segunda volta na que xa están o CPR Manuela Rial Mouzo, de Cee,; o CEIP A Ponte, de Ourense; o CPR Sagrado Corazón de Placeres, de Pontevedra e o CPR Plurilingüe La Merced, de Sarria 

Ecoconsello do Manuela Rial

Na sección do Ecoconsello, este venres tocoulle ao Manuela Rial Mouzo. Dúas alumnas ceenses centraron a súa intervención en cómo reducir o consumo de plástico. Dende sustituír os recipientes plásticos por outros de cristal, ata colgar a roupa con pinzas de madeira, levar a bolsa de tea á compra ou evitar o consumo de chicles. Tamén recalcaron a importancia da correcta reciclaxe e da reutilización.


Comentar