La Voz de Galicia

Unha novela magnífica

Verín

xosé carlos caneiro

Crítica de Xosé Carlos Caneiro sobre o libro «Los hijos de la Revolución Francesa», de Manuel Janeiro, que se presenta en El Cercano

04 Dec 2018. Actualizado a las 11:05 h.

Hoxe • 19.30 horas • El Cercano • «Los hijos de la Revolución Francesa», de Manuel Janeiro • Vivir en Verín, distante do ruído do «mundo cultural», propicia certos obstáculos. Porén, tamén outorga un gran beneficio: a perspectiva. Observar todo con relativa calma sen presións externas. Tamén axudan os anos: un pode dicir, e di, o que realmente quere dicir. Así digo: acabo de ler unha novela extraordinaria, que nada ten que ver coas modas, tendencias, e ridiculeces literarias do presente. Nada coas imposicións aliterarias académicas (hai excepcións, por fortuna). Nada co guerracivilismo ou o «narcotrafiquismo», que son os discursos preponderantes da literatura políticamente correcta do presente. Unha novela de prosa vivaz, de capítulos breves que son resplandores, de crítica social e de amizade, unha novela xeracional que vale para todas as xeracións. Hoxe presentarémola no Cercano, que é a colegiata da outra cultura (que tan pouco ten que ver co “mundo cultural): independente, rebelde, tolerante, aberta e sensible. Fáltame o título e o autor: «Los hijos de la Revolución Francesa», de Manuel Janeiro. Unha novela magnífica.

 


Comentar