Florencio e Yosso reúnen a máis de 200 escolares no Bolo
O Bolo
Alumnos de cuarto de primaria participaron nunha convivencia
14 Oct 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Máis de 200 escolares de cuarto de primaria de O Bolo, O Barco, Vilamartín e A Rúa de Valdeorras participaron nunha convivencia arredor das figuras do poeta Florencio Delgado Gurriarán e o pintor Yosso de Balbuxán. Era unha actividade organizada pola fundación FDG na que os cativos aprenderon máis acerca da paisaxe que inspirou a ambos artistas ao longo da súa vida.