La Voz de Galicia

Atopado en Larouco un posible enterramento infantil no castro

Larouco

ourense / la voz

O achádego realizouse na campaña de escavacións que se desenvolven en Castrillón

18 Nov 2021. Actualizado a las 19:30 h.

Nas escavacións arqueolóxicas no castro de Castrillón, en Larouco, atopouse unha ola enterrada e tapada cunha lousa. Segundo Martiño Xosé Vázquez, director dos traballos que promoven o Concello de Larouco e a Xunta de Galicia, «foi enterrada intencionadamente baixo o pavimento da cabana que a ocultaba». Aínda que polo de agora haberá que agardar a un estudo en profundidade, polos materiais atopados dentro da ola Vázquez baralla dúas posibilidades: «Un depósito fundacional con alimentos a modo de banquete festivo ou un enterramento infantil».


Comentar