La Voz de Galicia

Celanova reencontrouse con Anxo Angueira

Celanova

Presentación en Celanova

O poeta presentou na vila onde deu clases no seu primeiro destino como profesor de galego a reedición do seu poemario "Val de Ramirás"

23 May 2021. Actualizado a las 18:03 h.

A Casa dos Poetas de Celanova albergou na súa Horta da Palabra a presentación da nova edición de «Val de Ramirás», o primeiro poemario de Anxo Angueira. Na presentación, que estivo amenizada musicalmente por Celanova Brass, participaron o editor, Xoán Carlos Domínguez Alberte, e o ilustrador Baldo Ramos. Angueira foi profesor no IES de Celanova nos anos oitenta.


Comentar