La Voz de Galicia

A Fundación Vicente Risco convoca o premio de novela curta

Ourense

Sede Fundación Vicente Risco en Allariz.

A obra gañadora recibirá 3.000 euros e será publicada

22 Dec 2025. Actualizado a las 11:08 h.

A Fundación Vicente Risco, a Deputación de Ourense e Pastelería Fina Rei convocan o «XI Premio Antón Risco» de novela curta, co obxectivo de homenaxear ó escritor e teórico da literatura fantástica Antón Martínez-Risco Fernández. O certame busca continuar o labor de divulgación da creación orixinal, con especial énfase no xénero fantástico. Poderá participar calquera persoa cunha novela curta escrita en galego ou en portugués. A obra gañadora recibirá 3.000 euros e será publicada. As novelas deberán ser anónimas, inéditas e non premiadas, e o prazo de entrega remata o 15 de febreiro do 2026. Os orixinais enviaranse por correo postal certificado á Fundación Vicente Risco, na rúa San Lourenzo 3, Allariz.


Comentar