La Voz de Galicia

A Deputación de Ourense aproba unha axuda ao Museo do Pobo Galego

Ourense

LA VOZ Ourense
Reunión de la Junta de Gobierno de la Diputación de Ourense.

A institución ourensá aportará 18.000 euros para gastos de funcionamento

21 Nov 2025. Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na súa reunión deste luns a concesión dunha subvención de 18.000 euros para os gastos de funcionamento do Museo do Pobo Galego, situado en Santiago de Compostela. Esa é a mesma finalidade da axuda outorgada tamén nesa reunión á Real Academia Galega das Belas Artes, neste caso de 10.000 euros.

Na sesión da Xunta de Goberno da institución provincial tamén recibiron o visto bo as subvencións ao Concello da Veiga para o seu grupo de emerxencias (40.000 euros) e ao de Vilar de Barrio para executar arranxos nos camiños Cancillos, Alto da Serra e O Castro (3.766,64 euros).


Comentar