La Voz de Galicia

Manuel María volve a Auria

Ourense

La Voz OUrense
«A lúa vai encuberta», de Manuel María, no Teatro Principal de Ourense

As compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante representan «A lúa vai encuberta»

11 Sep 2021. Actualizado a las 09:24 h.

Hoxe e mañá • 21.00 e 20.00 horas • Teatro Principal • 4 euros • Logo da estrea da noite de onte, o Teatro Principal de Ourense ofrece a oportunidade de gozar de dous pases máis da montaxe «A lúa vai encuberta». A obra recupera o texto creado por Manuel María nos anos 70 para a Agrupación Cultural Auriense, orixinal que nunca se chegou a representar e que agora poñen en escena as compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante. 

Tito Asorey é o director da montaxe e Davide González, Vanesa Sotelo, Melania Cruz e o propio Asorey forman o elenco.

«A lúa vai encuberta» é unha proposta teatral multidisciplinar «a partir da que a equipa dialoga dende a nosa actualidade máis recente coa historia contemporánea de Galicia. Mesturando as formas do teatro popular, como a farsa e o musical, con formas contemporáneas como o audiovisual e o teatro documento».

 Coprodución

A obra é unha coprodución das compañías citadas, a Casa Museo Manuel María, o CDG e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.


Comentar