Presentación de «No interior do abandono»
Ourense
A obra de Baldo Ramos e Carlos Lorenzo protagoniza un acto na Arca da Noe
11 Oct 2020. Actualizado a las 05:00 h.
Hoxe • 13.30 horas • A Arca da Noe (Vilar de Santos) • Confirmar asistencia no 699 486 282 • De balde • No local de Vilar de Santos presentan un proxecto que pon a mirada e a palabra sobre o rural galego esquecido. «No interior do abandono», o libro que se presenta na Arca da Noe, inclúe as fotografías de Carlos Lorenzo e as creacións poéticas de Baldo Ramos. Palabra e imaxe inciden na actitude «dunha sociedade que esquece as súas orixes, que lle dá as costas a un xeito de vida que considera desprezábel».