La Voz de Galicia

Estrea de «Lobos e cordeiros», serie gravada en Ourense

Ourense

O proxecto está ambientado no ano 1898 e presentouse no OUFF 2018

02 Jan 2019. Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 22.05 horas • Televisión de Galicia A TVG estrea esta noite unha nova serie, proxecto vencellado á provincia de Ourense porque foi nela onde se gravou «Lobos e cordeiros». A dirección é de Giselle Llanio e Manuel Espiñeira e conta como intérpretes con Miguel Insua, Susana Sampedro, Desireé Pillado, Adrián Riós, Camila Bossa, César Cambeiro, Sabela Arán, Aida Blanco, Mónica García, Josito Porto, Luis Iglesia e Sara Sanz. «Lobos e cordeiros», da que se puido ver no OUFF un capítulo piloto, está ambientada en 1898 e céntrase en refrexar como os episodios bélicos nos que estaba metida España naquela altura condicionaban o día a día do país: «soben os impostos, os mozos marchan para unha guerra perdida e os políticos viven enguedellados nas súas guerras de poder».

 


Comentar