«Estamos satisfeitos coa Xunta por atender as nosas peticións para poder traballar»
Ourense
04 Oct 2011. Actualizado a las 06:00 h.
Opresidente dos empresarios da construcción, Eligio Nieto, di estar satisfeito coa publicación das normas e non deixa de aplaudir e «agradecer a sensibilidade» do conselleiro e da secretaria xeral.
-As normas atenden as expectativas do sector. A concelleira agarda que en catro anos poda haber un novo PXOM, pero non podiamos estar tanto tempo á espera. Sen contar con que os catro anos poidan acabar convertíndose en oito, a pouco que apareza algún problema. Estamos moi satisfeitos coa Xunta por atender as nosas peticións para poder traballar.
-Aínda que sexa en precario?
-É unha solución para ir tirando, certamente, pero a mellor dentro do mal que representa non ter un PXOM actualizado como era o que foi anulado.
-De todas maneiras, tampouco se ven moitas grúas na cidade, nin semella que haxa tantos proxectos en lista de espera como para xustificar a urxencia da inclusión dos ámbitos privados...
-Nós cremos que se vai revitalizar o sector en Ourense. Sen dúbida. Hai que pensar que en moitas zonas da cidade non quedan pisos, e que hai demanda. É certo que a crise nos está afectando a todos, pero esperamos saír cedo dela.
-¿Cre que son suficientes os ámbitos que se incluiron nestas normas? ¿Sería necesario algún máis? ¿Pode haber quen se sinta discriminado?
-Están os que tiñan que estar, ao dispor de proxectos aprobados, tanto de equidistribución como de urbanización. Penso que ninguén ten motivos para sentirse discriminado. Comparto a opinión do conselleiro.