Entrevista | Alexandre Sánchez Vidal É partidario de que os técnicos do Concello realicen unha radiografía amplia da súa situación. Non levantarán alfombras e confía na honestidade dos seus predecesores
16 Jun 2007. Actualizado a las 07:00 h.
DE ALEXANDRE A ALEXANDRE.
Prometera na campaña e cumpriu. O rematar o pleno achegouse ata o monumento na honra de Alexandre Bóveda (o que Sánchez Vidal califica de santo laico porque foi unha referencia universal polo seu compromiso con Galicia) ante o que prometeu, en presencia do seu equipo, que o BNG será a garantía do presente da capital e a base para a construcción do futuro.
?s palabras que máis utiliza son responsabilidade e xenerosidade. Responsabilidade para atallar os problemas da cidade e xenerosidad para comprender os desaxustes co PSOE e para afrontar a transición tras doce anos de goberno do Partido Popular.