A exposición de Valente
Ourense
BUZÓN DEL LECTOR | O |
02 Sep 2003. Actualizado a las 07:00 h.
QUIXERA REALIZAR varias aclaracións ó escrito do colectivo ourensán Anacos da Cidade sobre a frustrada itinerancia da exposición que sobre José Ángel Valente organizou a Universidade de Santiago de Compostela. En primeiro lugar, esa exposición pensouse unicamente para Santiago e nunca se contemplou polos promotores da mesma a súa itinerancia. Foron a Universidade de Vigo e o Centro Cultural da Deputación de Ourense os que plantexaron esa posibilidade, interesados por traer a Ourense unha mostra de indubidable nivel. Polo tanto, non é certo que «percorrerá as máis destacadas cidades do continente europeo», pois na itinerancia a Deputación de Ourense estaba comprometida a devolver as obras ós seus cedentes orixinarios, feito que impedía calqueira outra itinerancia. Tampouco é correcto que a exposición costase traela a Ourense 60.000 euros. O presuposto que se nos plantexou era de 63.925 ¿, cantidade á que habería que engadir unha serie de gastos non presupostados pero si solicitados, como «publicitar a exposición, correspondencia, persoal profesional de seguridade nas salas en número que a comisaria considere oportuno durante a duración da exposición, acondicionamento das salas (carpintería, pintura, iluminación)», entre outras peticións, que faría que o presuposto superase amplamente os 80.000 euros. Tanto a Universidade de Vigo como o Centro Cultural da Deputación de Ourense consideramos excesivas esas pretensións, pois en realidade os custes reais da tinerancia a Ourense non deberín exceder moito dos gastos de seguro (2.500 ¿) e transporte de Santiago de Compostela a Ourense. Tamén quixera lembrar que o Centro Cultural da Deputación xa albergou unha exposición en homenaxe ó desaparecido escritor José Ángel Valente, a titulada Para siempre la sombra, en colaboración coa Fundación Telefónica. Esta exposición -a que se pudo ver na cidade de Ourense- estaba parcialmente recollida na exposición organizada en Santiago de Compostela. Francisco González Bouzán. Director Centro Cultural Deputación de Ourense.