La Voz de Galicia

«A mocidade é solidaria, pero non excesivamente»

Ourense

Mar Gil ourense

07 Jun 2003. Actualizado a las 07:00 h.

Estudia cuarto de ESO no instituto de Trives, ten 16 anos e unha ben determinada afección polo debuxo. A súa mestría co lápis foi recoñecida polo xurado do concurso «Un agasallo de vida», convocado por varios colectivos dentro dunha campaña de promoción da doazón de sangue e órganos. Marina Álvarez presentou un traballo de banda deseñada. E gañou. -¿Que conta a historia? -Trátase dun mozo que tiña un amigo que precisaba unha doazón, como os dous tiñan o mesmo tipo de sangue, decidiu doar. Fixen quince viñetas para contalo. -Outros dous compañeiros do instituto de Trives gañaron nas seccións de carteis e redacción. ¿Sodes todos uns fenómenos? -Si, somos uns fenómenos, todos moi bos e, ademais, os profesores tamén nos animan moito a facer cousas. -¿Compartes a idea de que a mocidade de hoxe é insolidaria? -Hai moitos que si; eu creo que a mocidade é solidaria, pero non excesivamente. É máis solidaria e máis preocupada con temas que lles afectan en xeral, coma o alcohol e as drogas, todo eso xenera máis preocupación. Co do Prestixe tamén houbo interese. Fixemos unha viaxe a Laxe para ver como estaba e foron bastantes alumnos. Tamén fixemos unha cadea humana co resto dos institutos. -¿E se falamos de doazón? -Eu opino que se debe facer doazón de sangue; eu, se puidera, tamén o faría pero, de momento, non poido. Como nos outros temas, neste tamén hai algúns que pasan, pero outros están interesados.


Comentar