La Voz de Galicia

Bronce para O Carrabouxo

Ourense

28 May 2002. Actualizado a las 07:00 h.

O Parque de San Lázaro acolle desde onte unha escultura en homenaxe a O Carrabouxo, o popular personaxe creado por Xosé Lois González. A obra é unha peza de bronce do escultor César Lombera. Xosé Lois González amosouse «emocionado porque con esta escultura O Carrabouxo vivirá decenas de anos despois de que eu desapareza». O autor definiu ó Carrabouxo como a encarnación do espíritu «ourensano e galego e da retranca, a sorna e a cultura galega».


Comentar