Riveiro Coello presentou as novelas «As rulas de Bakunin» e «Homónima»
Ourense
08 Jun 2001. Actualizado a las 07:00 h.
O escritor limiano Antón Riveiro Coello presnetou na Feira do Libro de Ourense as novelas As rulas de Bakunin e Homónima. A primeira «é unha obra da que estou moi orgulloso porque vai deixar unha boa pegada na miña andaina narrativa, non vai sobre o anarquismo nen sobre a Guerra Civil. É unha historia de amor dunhas persoas que lles tocou vivir unha época feliz e que a Guerra Civil lles quitou as ideas de liberdade». Homónima levanos a un territorio imaxinario, Zataplán, en Mexico. Nela retoma o autor ó personaxe Suso Paradel, que xa aparecera en A quinta de Saler.