La Voz de Galicia

«Este BNG non é, certamente, aquel co que vostede rivalizou nos oitenta»

Opinión

Cartas al director
A portavoz de Montes e Industrias Forestais do BNG na súa intervención no Parlamento de Galicia o 8 de agosto.

29 Aug 2026. Actualizado a las 05:00 h.

 

Resposta ao artigo «Este no es el BNG que yo conocí» 

Estimado señor Barreiro Rivas: lin con interese o seu artigo «Este no es el BNG que yo conocí», publicado en La Voz de Galicia. Como colegas da Universidade de Santiago de Compostela, debo dicirlle que comparto parcialmente o seu diagnóstico: este BNG non é, certamente, aquel co que vostede rivalizou nos anos oitenta. É o BNG que hoxe lidera a oposición como alternativa de goberno, cun proxecto cada vez máis atractivo para galegas e galegos.

Comecemos por unha cuestión menor só en aparencia. A persoa á que vostede identifica como «enxeñeira forestal» non o é: son doutora enxeñeira agrónoma. É un dato público, sinxelo e doadamente comprobable. Nun artigo que pretende extraer conclusións políticas dunha declaración sobre o modelo forestal, non parece o mellor comezo confundir a formación de quen a formula. Se falla un dato tan básico, a disección posterior corre o risco de quedarse en autopsia sen cadáver.

O seu texto atribúe ás miñas palabras unha intención que non teñen. Non hai nelas ningún lapsus linguae sobre o BNG, nin emenda á súa posición política, nin abandono da defensa dun modelo forestal sustentable e adaptado á realidade galega. Hai unha idea elemental: non se poden aplicar dous patróns de rigor segundo o territorio do que se fale.

O eucalipto non se converte noutra especie ao cruzar unha fronteira administrativa. É o mesmo en Andalucía e en Galiza. O que cambian son as condicións climáticas, a estrutura da propiedade, os usos do solo, o abandono, a planificación forestal e os riscos ambientais. Precisamente por iso cómpre discutir con rigor, non empregar as diferenzas territoriais como comodín para eludir un debate incómodo para o PP. E resulta llamativo que en todo o artigo só nomea unha vez o eucalipto.

A finais de xuño, o BNG presentou en Bruxelas ante a Comisión Europea o seu plan de acción sobre medio rural e biodiversidade forestal. Alí coincidiron con nós na necesidade de non apostar polos monocultivos de eucalipto, tamén pola súa relación coa problemática dos lumes: unha evidencia que a Xunta de Galiza parece ignorar, aínda que a Junta de Andalucía si recoñeceu.

O BNG non é unha embarcación que faga auga porque existan reflexións e matices. Ten quilla, rumbo e unha capitá que sabe gobernalo. A unidade non é silencio: é compartir un proxecto e avanzar. Quizais iso sexa difícil de recoñecer desde itinerarios políticos que aconsellan prudencia antes de expedir certificados. Montserrat Valcárcel. Profesora do Campus Terra da Universidade de Santiago.

Cuando el deporte deja de ser valores

«El deporte es vida, valores, equipo, respeto, juego limpio, ilusión… y, sobre todo, diversión». Este es el mensaje que transmite el eslogan de la Agrupación Cristo Rey de Oleiros. Sin embargo, para algunas familias la realidad vivida recientemente dista mucho de esos principios. Varios preadolescentes que llevan vinculados al fútbol desde edades muy tempranas han recibido con profunda tristeza la noticia de que no continúan formando parte de la agrupación. Son niños que han crecido compartiendo entrenamientos, partidos, amistades y experiencias, y que entienden el fútbol, ante todo, como una oportunidad para disfrutar, hacer amigos y crecer como personas. Son menores que se encuentran en una etapa especialmente importante de su desarrollo personal, una edad en la que la autoestima, la confianza y el sentimiento de pertenencia a un grupo tienen una enorme importancia.

Por supuesto, cualquier club o entidad tiene derecho a establecer sus criterios deportivos y a tomar decisiones sobre sus equipos. Pero también cabe preguntarse qué valores queremos transmitir a nuestros hijos cuando hablamos de deporte base. ¿Queremos enseñarles únicamente que los mejores son quienes deben continuar? ¿Que el resultado y la competición están por encima de la amistad, el esfuerzo y el compañerismo? ¿O queremos que aprendan que también existe un lugar para quienes quizá no destaquen tanto deportivamente, pero aportan algo igualmente importante al grupo? Porque un niño no debería sentirse menos válido por no llevar el número 10 o por no ser considerado uno de los mejores jugadores.

Estos chicos quizá no sean los que más destaquen sobre el terreno de juego, pero aportan algo que ningún marcador puede medir: educación, compañerismo, amistad, esfuerzo, respeto y, sobre todo, una sonrisa.

Ojalá esta situación sirva para abrir un debate sobre qué queremos que sea realmente el deporte base y qué mensaje estamos transmitiendo a nuestros niños.

Porque, al final, ganar un partido dura 90 minutos. Los valores que se aprenden durante la infancia duran toda la vida. M. José Veiga. Oleiros.

Un can é un can

Nos tempos que corren compre lembrar que, si anda coma un can, mexa coma un can e ladra coma un can, é un can. Entón non ten que ir nunha silla dun cativo, non hai que levalo no colo, nin lle fai falla unha cazadora vaquera ou uns calzos nos pés. ¡É un bicho! Se lles queremos ben, hai que deixalos vivir coma o que son, humanizar a outra especie non é necesariamente bó para eles. Neste mundo falto de cativos, fillos e netos, parece que falta a quen darlle agarimo e os cans están sendo forzados a xogar ese rol, namentres hai unha chea de soedade non desexada. Sigamos querendo e coidando os cans, pero repartamos ese amor que temos entre as mascotas e os veciños da casa do lado que non teñen con quen falar en todo o día ou con quen dar un paseo. Roberto García Fernández. Moeche.

 


Comentar