La Voz de Galicia

Violación

Opinión

Patricia Vilán Viceportavoz do PSdeG no Parlamento

30 Apr 2018. Actualizado a las 05:00 h.

Vivimos na era da frivolización do Dereito Penal.

Son avogada, agora en política, e impóñome diariamente a obriga de lexislar o mellor posible, atenta ao que a sociedade reclama, e trasladar ese espírito ás normas.

Defendo firmemente a división de poderes. Só os tribunais procesan, xulgan e, menos mal, interpretan porque eles teñen os elementos de xuízo para valorar a proba, pasando do abstracto da lei ao concreto do xuízo. Escapo de xuízas e xuíces elixidos democraticamente, a democracia non garante a falla de erros, Cifuentes foi elixida nas urnas.

Defendo a lexitimidade de criticar as sentenzas dos tribunais, a de La Manada (aínda non firme) incluída. Non me preocupa o voto particular, hai unha maioría que decide, pero váleme para confirmar dúas cousas: que o Poder Xudicial é independente de toda presión e que o machismo aniña en todo lugar.

Son racional, reflexiono e sempre tento argumentar. Lin as 134 páxinas da sentenza antes de escribir, co corazón nun puño. Para min, os feitos probados son impecables: «Los procesados conocieron y aprovecharon la situación de la denunciante en el cubículo al que la habían conducido, para realizar con ella diversos actos de naturaleza sexual».

Non houbo violencia (dixérono a vítima e os forenses), mais si intimidación: cinco descoñecidos, conscientemente, organizaron unha situación obxectivamente intimidante que rendibilizaron «para follar». Intimidación, ergo, VIOLACIÓN.


Comentar