La Voz de Galicia

Lobos de Ruadamuralla

Opinión

Lourenzo Fernández Prieto

02 Feb 2014. Actualizado a las 07:00 h.

Hai muita corrupción e sabémolo, pero despois de ler as informacións sobre o sumario da Pokémon quedamos sen saber cal. ¿Que sabemos? ¿Cando e por que o coñecemos? ¿Para que o sabemos? Sabemos case o mesmo que antes de levantarse o segredo do sumario e o peor é que, igual que os seus redactores, tamén presumimos que nada disto terá muitas máis consecuencias das que xa tivo. Dos delictos de corrupción que se investigan, se nos presentan e, esperamos, sexan algún día xulgados as condeas principais xa están ditadas e cumpridas, nun país que acuñou iso da pena de telexornal para imputados non acusados nin xulgados. Uns xa sufriron a vergonza sen saber se son culpables de algo e outros seguirán acrecentando o grupo de senvergonzas propio da marca España. Noutras democracias o coñecemento da corrupción é letal porque os partidos, a sociedade e as leis ou todos á vez, actuarán implacablemente contra os corruptos unha vez coñecida a corrupción. Aquí non faremos nada con toda esa información: temos 30 anos de convivencia e conivencia que frustra primeiro e despois afai á sociedade a estas situacións. Certo que agora a sociedade ten máis sensibilidade e o listón é máis baixo pero as consecuencias para os corruptos presúmense as mesmas (vergonza para uns e descubrimento da desvergonza noutros). Misturando sen xerarquizar responsabilidades administrativas, politicas e penais, simple mala praxe, corrupción ou enriquecemento ilicito.

Temos un problema cultural.

Calquera que estudou a Administración e a política do franquismo atopa corrupción, enchufismo, subornos e apropiacións indebidas por todas partes, tamén xente honesta e non poucos restos da incorruptibilidade republicana do servidor público. Dese compango procede parte importante dos nosos hábitos culturais sobre a política e a Administración. A iso súmaselle a práctica moderna das empresas prestadoras de servizos; de xeito que os funcionarios teñen agora que ocuparse de que se presten a través de empresas e non poucas veces acaban parecendo eles mesmos culpables. Hai uns días unha concelleira de Santiago explicaba esta curiosa filosofía liberal: os concellos xa non son prestadores de servizos senón intermediarios para que os presten as empresas (sic).

A forma de investigar a historia non difire muito da pescuda policial: poñer o foco nun asunto, descubrir as fontes de información, contrastalas para coñecer, demostrar con probas, interpretar o significado e presentar-relatar para o xuízo crítico. Aquí sabemos que unha empresa fixo pagos a concelleiros en Lugo, unhas cantas presuncións, enchufes dos de toda a vida e agresivas prácticas comerciais de empresas nas que ningún dos seus directivos sabe ren da ética dos negocios e, xogando a ser lobos da Ruadamuralla, parecen máis ben agresivos cans de palleiro. Sempre tamén os vulgares Rolex.

Á vez enterámonos da sentenza xudicial firme sobre o privilexiado uso do poder na Conselleria de Sanidade...


Comentar