La Voz de Galicia

Maletas

Opinión

Inma López Silva

15 Oct 2012. Actualizado a las 07:00 h.

C

Xa dicía Castelao que os galegos, en lugar de protestar, emigran, pero nunca nos animaron tanto desde o poder a facelo. ¡Regalar unha maleta! Non hai maior acto de rendición que exportar intelixencia en lugar de facer o posible por retela para que a brillantez repercuta neste país que tan necesitado está desas castes de riqueza.

Velaquí o inicio do relato vital de moitos galegos. Disipar as dúbidas sobre se marchar ou ficar con só ollar ao seu carón unha maleta que simboliza ás claras que o seu país os expulsou. ¿E quen llela entrega coma premio non ten ningunha responsabilidade nesa expulsión?


Comentar