Afogando a Irán
Opinión
11 Feb 2007. Actualizado a las 06:00 h.
AFOGAR financeiramente a Irán non é unha política de agora: vén do inicio da revolución de 1979, mantívose nos días de Clinton, que prohibiu primeiro a importación de bens iranios e a seguir todo comercio, inversión e relación con Irán, e segue coa política de Bush, que engade a ameaza militar. Todo isto levou a outros inversores estranxeiros, como Francia e Italia, a aproveitarse da ausencia dos americanos para facer os seus negocios. Como logo China e Rusia, en especial a primeira, que ten comprometida a compra de 150.000 barrís diarios ao longo de vintecinco anos. Sendo a economía irania tan dependente dos seus produtos enerxéticos, estase resentindo deses ataques dos EE.?UU., que seguen pensando nun cambio de réxime en Irán, afogando a súa economía, illándoo do mundo e meténdolle medo militarmente. É de esperar que o illamento financeiro do país non dea o resultado procurado. O que pode ser razón bastante para que Bush decida o que moitos temen: a aventura dunha nova guerra que arruíne aínda máis o Oriente Medio.