La Voz de Galicia

Fachas de hoxe

Opinión

X. L. FRANCO GRANDE

13 Nov 2005. Actualizado a las 06:00 h.

CADA día vexo máis claro que Ortega e José Antonio son os máximos inspiradores do pensamento facha español, aínda en cuestión tan de moda, porque volve estar de moda, como o «café con leite para todos», dito que o primeiro usou xusto para o seu proxecto político de rebaixar as pretensións nacionalistas. José Antonio, pola súa banda, pensaba que era separatismo opoñerse ao asimilismo centralista, sobre todo se viña de Cataluña ou do País Vasco, concepto do que se apropiou o réxime de Franco e que segue sendo o pensamento do PP e de boa parte da esquerda. E dunha gran parte da prensa, incluída a que non se sente da caverna. Tamén penso que non temos mellorado no medo á liberdade e ao libre desenvolvemento das comunidades do noso territorio. Medo que agocha no pensamento de Ortega e nas arroutadas de José Antonio, que, como a dereita de hoxe e parte da esquerda, non entenden que algúns non queiramos ser tutelados. Porque non se dan as condicións para que se nos impoña tutela.


Comentar