La Voz de Galicia

Arriscado

Opinión

| MANUEL REGO NIETO |

DE COTÍO

19 Sep 2004. Actualizado a las 07:00 h.

CANDO España -con perdón- quedou aillada logo da fogueira do 36, pasámolo mal. Cando gañaron os aliados, os demócratas españois frotáronse as mans. Logo resultou que Franco pactou cos Estados Unidos e chegou o Plan Marshall. Voltaron os embaixadores, e o xeneral do Ferrol botou o peito fóra. Agora Rodríguez Zapatero, un novato da política, enfróntase aos Estados Unidos -que non é o mesmo que a George Bush- e coida ir da man de Francia e Alemaña. Xa ollaremos o sopapo que nos van dar estes amos de Europa. E que non volte a gañar o emperador ianqui. ¡Deus nos colla confesados ou a lo menos arrepentidos...!


Comentar