Xustiza con sosego
Opinión
27 Sep 2003. Actualizado a las 07:00 h.
DOLORES Vázquez di que vai esixir responsabilidades ós Guarda, ó instructor da causa, ó xuíz presidente do xurado, ó fiscal e a parte da Audiencia Provincial. Tantos erros xuntos, policiais e xudiciais, non son moi comúns. E só puido sandalos unha denuncia que aínda chegou a tempo para evitar a desfeita total. E que puido non ter chegado. Sen esquecer tampouco a aqueles medios que de maneira frívola se enfrontaron co caso. É cousa vella que non se pode facer xustiza con serenidade baixo certas presións ambientais, que sempre confunden e nunca esclarecen. E que dalgunha maneira a todos non inflúen. Cómpre que en todo caso a xustiza se faga sempre lonxe de rebumbios de calquera natureza e con moito sosego. Pode que este caso poña de manifesto que uns e outros foron víctimas daquela frivolidade. Non entremos no xogo de certos medios, que tratan de coutar calquera posibilidade de sentido crítico aguilloando a visceralidade que acocha en cada quen. Afastemos dese mundo o exercicio da xustiza.