Roubos e saqueos
Opinión
13 Apr 2003. Actualizado a las 07:00 h.
Ó MENOS en Basora e Bagdad os saqueos poden acabar de destruí-lo país. Non só se rouba e saquea en lugares privados senón tamén en instalacións esenciais para a poboación civil, como escolas, plantas de tratamento de auga ou hospitais. Así o manifestou Annie Bouvier, portavoz da Cruz Vermella. Como o país non quedou aínda ben destruído, pois sempre é posible destruílo máis e mellor, agora o pobo, ó que se lle veu traer democracia e liberdade, dá un paso máis e, diante da impasibilidade das autoridades de ocupación, vese que está disposto a facer unha festa, a súa festa, coa miseria de todos. Fóra do caso de Europa, porque entón eran outros os seus intereses, os EE.?UU., como é ben sabido, só levaron ós países cos que guerrearon cobizas depredadoras. E menos liberdade e máis pobreza. Porque nin unha nin outra teñen nada que ver cos beneficios que agardan con tanta ou máis cobiza cos iraquís que se rouban e saquean uns ós outros. In Dei omnipotentis nomine! Alá é grande. E Deus tamén.