La Voz de Galicia

Quieren conocer el Libro de Estilo

Opinión

ARTURO LEZCANO

29 Mar 2003. Actualizado a las 06:00 h.

UN LECTOR de Ferrol nos escribe para hacernos una petición muy lógica, que estimamos. 'Escoitarlle onte na conferencia -refírese á que o Amigo do Lector pronunciou na nova e engaiolante Galería Sargadelos ferrolana, co gallo do medio século da edición da Voz nesta cidade- que recibe nun mes as mesmas cartas que os periódicos nacionais reciben nun día, parece que me animou a escribir esta (...) O caso é que quería facerme cun manual ou libro de estilo que editou La Voz de Galicia para os seus periodistas. E non pense que o quero pola cara, pero nin pagando o consigo, nin en Sabón nin en Ferrol (...) síntome en desvantaxe con respecto ós redactores que sicontan cunha ferramenta tan importante (...)Vostede, como Amigo do Lector, e intermediario entre as dúas partes, paréceme o máis idóneo para corrixir este desequilibrio (...)'.O Libro de Estilo da Voz é voluminoso e non resulta doado o pór ao alcance dos lectores. Porén, o Amigo do Lector ten proposto, hai algún tempo, que se elabore un resumo ou manual, o que sen dúbida viría a contribuir a un máis fondo coñecemento dos principios deste xornal entre os seus lectores.Estamos certos de que a sensibilidade do cume deste xornal acollerá co cariño que se merece unha iniciativa neste senso.Non podemos precisar datas, mais a non tardar hase facer un esforzo para satisfacermos aos nosos bos lectores.


Comentar