A ESPIRAL DA AMBICIÓN
Opinión
CAMILO FRANCO
16 Aug 2001. Actualizado a las 07:00 h.
O contrabandista ideal, ese que se retira do negocio unha vez que consigue cambiar o destino miserable da súa familia mercando un pazo, un descapotable e unha empresa, non existe. Ós narcos pásalles como ós inventores de empresas de inversión, 75 traxes de Armani parécenlles poucos e teñen que redondear a cifra. A pasta crea máis adicción cá droga e por eso ser narco é unha profesión de por vida. Por eso non extraña que Sito Miñanco volva á roda dos detidos, porque está onde lle corresponde: no centro da espiral da ambición. E esa non remata nunca.