PRUEBA
Opinión
TUCHO CALVO
09 Nov 2000. Actualizado a las 06:00 h.
Unha das moitas cousas que deberían tomarse en serio dunha vez por todas son os riscos das nosas carreteras. Cando o nivel de accidentes en Galicia está a uns niveis que as aseguradoras non asumen _¡esa é outra!_; cando día si e día tamén vemos accidentes nun mesmo lugar sen que se tomen medidas; cando os peóns non teñen arcéns... só resta como nova tomadura de pelo atoparse cuns sinais luminosos na autoestrada que reclaman toda a atención para que leas: «Audasa. Prueba».