La Voz de Galicia

Outeiro de Rei organiza actividades de promoción da muller

Outeiro de Rei

La Voz Outeiro de Rei

Cociña tradicional e coidado da contorna das casas, entre os eventos programados

07 Feb 2020. Actualizado a las 21:36 h.

O Concello de Outeiro de Rei organiza actividades de promoción da muller. Do seis de marzo e ata o 24 de abril, todos os venres, de catro a seis e media da tarde haberá un curso de cociña tradicional galega no restaurante Soporvila. Do sete de marzo e ata o 27 de xullo impartirase aquafitness os sábados, de dez e cuarto a once da mañá, no complexo deportivo D10 de Mosteiro. O Día Internacional da Muller, 8 de marzo, haberá un concurso de fotografía e tamén entrega de premios para os gañadores, ás seis e media da tarde na Casa da Cultura. Do 12 de marzo e ata o 28 de maio impártese un curso de xardinería e coidado da contorna das casas no centro cultural, tódolos xoves de catro e media a seis e media da tarde.

O dez de maio celébrase a Festa do Melindre en Melide e haberá un bus gratuito dende a Praza do Concello, que sairá ás dez da mañá e voltará ás sete e media da tarde. O 15 de setembro deste ano comeza un curso de informática básica que rematará o día 29 de outubro. Será os martes e xoves, de cinco a sete da tarde, na aula de informática do centro cultural. Tamén o 15 de setembro comezará unha formación en elaboración de xabóns e cosmética natural na Peluquería Bio de Outeiro, os martes, de sete e media da tarde a nove da noite. O 16 de setembro comeza un taller de cestería con materiais reciclados, os mércores, de cuatro e cuarto a sete e cuarto da tarde, na Escola de Matela. O 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero haberá un taller de defensa personal no pavillón de deportes do centro cultural, de catro a oito da tarde.


Comentar