La Voz de Galicia

Raúl Gómez Pato, gañador do primeiro premio Díaz Castro de poesía

Guitiriz

Xosé María Palacios Vilalba

«Máscaras  de espellos» é o título da obra prresentada

19 Feb 2016. Actualizado a las 18:07 h.

O libro «Máscaras de espellos», do que é autor o coruñés Raúl Gómez Pato e que se presentou co lema Sólido níquel, é a obra gañadora do primeiro premio Díaz Castro de poesía. O xurado (con Miguel Anxo Fernán Vello de presdente, Ánxela Gracián como vogal e Armando Requeixo como secretario) salientou a «grande altura estética» da obra. Esta é o primeiro ano da convocatoria, na que o xurado subliñou a «excelente calidade» dos trabalos e na que definiu ao poeta que dá nome ao premio como o «mellor embaixador de Guitiriz».

O gañador anunciouse esta tarde, nun acto celebrado na Casa do Concello.


Comentar