La Voz de Galicia

O Concello de Friol albergará unha nova edición da marcha ciclista unificada

Friol

LA VOZ Friol
El Concello de Friol acogerá este mes de septiembre una nueva marcha ciclista

Celebrarase o 30 de setembro e participarán persoas con e sen discapacidade intelectual

19 Sep 2022. Actualizado a las 18:07 h.

O Concello de Friol acollerá a segunda etapa desta marcha, que durante catro días percorrerá as catro provincias galegas.

A Marcha ciclista unificada que organiza Special Olympics Galicia para persoas con e sen discapacidade intelectual chega este ano á súa décima edición, e nesta ocasión, como novidade, pasará polas terras de Friol levando a cada recuncho o deporte e a inclusión social.

A etapa de Friol realizarase con saída e chegada no campo de fútbol municipal de A Reigosa e conta con un percorrido de aproximadamente 24 km.

O alcalde da localidade, José Ángel Santos Sánchez amosou o seu compromiso con esta iniciativa deportiva, que dará comezo o vindeiro 29 de setembro. Fíxoo acompañado pola concelleira de Cultura Ángeles Buján e polo presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, quen salientou a importancia de chegar a unha décima edición “hai 10 anos a proba cicloturista era unha experiencia piloto, e hoxe as nosas marchas unificadas son xa un referente no movemento de Special Olympics”.

A 10ª Edición das Marchas Ciclistas Unificadas comezará o 29 de setembro na localidade ourensá de Baños de Molgas, continuará o día 30 en Friol, o día 1 en Santiago de Compostela e rematará o día 2 de outubro en Vilagarcía de Arousa.

Catro días de ciclismo inclusivo que nesta ocasión contará coa participación de cinco entidades da discapacidade intelectual a través das diferentes xornadas. Estas entidades son PRODEME (Monforte de Lemos), ASPANAS (Ourense), ASPAS (Santiago de Compostela), CHAMORRO (Narón) e CON ELES (Vilagarcía). Todos eles contarán co apoio da organización así como de clubs ciclistas locais e voluntarios que darán apoio en todas as actividades da xornada.

O alcalde da localidade lucense de Friol indicou que «dende o primeiro momento que nos propuxeron esta colaboración dixemos que si, xa que é unha iniciativa moi interesante e necesaria, e con esta colaboración creemos que podemos poñer o noso graniño de area, facendo que estas persoas poidan desfrutar de unha actividade coa que sentirse ben consigo mesmos e co seu entorn»”.


Comentar