La Voz de Galicia

Fondos para alumar con velas o Santísimo

Lugo

marcos calles /  350 anos da ofrenda do antigo reino de galicia xulio xiz 350 anos da ofrenda do antigo reino de galicia

Un cóengo pediu axuda ás sete cidades do Reino para lucimento do altar da capela maior ca Catedral

27 Jun 2019. Actualizado a las 05:00 h.

O 14 de xaneiro de 1669, Juan Velo, cóengo da Catedral de Lugo, elevou un Memorial aos deputados das sete cidades do Reino de Galicia (lido o 15 de febreiro), solicitando un donativo para aumentar o número de velas para o alumeado do Santísimo, xa que “ay mas de Mill y nobenta Años (en el Sentir mas avaro) que en el Altar de ssu Capilla mayor, goza este Nobilissímo Reyno, la Verdadera y Real presençia de nuestro Redemptor Sacramentado, continuamente, día, y noche Patente”.

Resalta a defensa por parte do Reino de “la presençia de christo Señor nuestro, en la ostia conssagrada” e como isto se fai patente na súa bandeira, borrando “el dragon berde, y leon roxo (Armas de los Reys Suevos, que al tiempo tenian en este Reyno su Corte) y trasladar al dorado campo del escudo de sus Armas, la ostia, no dentro de basso Sacramental oculta (como mal pensaron historiadores modernos) si sobre el Caliz, ô de manifiesto en su custodia”.

O Memorial destaca que para Santiago Apóstolo é Galicia “su mas querida, y amada Probinzia”, sinalando que “será muy de su gusto, y agrado, el ôbssequio de esta ofrenda, y en su recompenssa adelantando el premio, nos darâ feliçes Victorias, y Gloriossos triunfos, en honrra, y eterna beneraçión de su Maestro Sacramentado, que siempre alabado sea”.

Na Xunta do 19 de febreiro, na Coruña, votouse a concesión dun donativo anual de 1.500 ducados para a mellora do alumeado e culto do Santísimo exposto día e noite na catedral lucense, para “las luçes que mençiona la junta antezedente” xa que é “tan util, y de la obligaçion del Reyno, el haçelle”. O 22 de febreiro nomeáronse os capitulares para outorgar a escritura, e o 1 de marzo de 1669 materializouse a escritura ante o escribán Pedro Pérez de Cajide.

Como mostra da devoción eucarística do Reino de Galicia, o 1 de marzo de 1669 firmouse ante o escribán Pedro Pérez de Cajide, na cidade de A Coruña, a escritura do donativo de 30.000 ducados por parte das sete cidades do Antigo Reino, asinando o documento Diego de Somoza y Prado, deputado por A Coruña; Francisco Rubinos, rexedor da cidade de Mondoñedo, e o cóengo Juan Velo, en nome do Cabido da Catedral de Lugo.

O diñeiro tiña como fin comprar cera para catro velas máis que evitasen “el poco hornato y decencia de luçes, con que estaba el Santissimo Sacramento en aquella Yglessia asistiendo Patente en ella, dia y noche, como hera notorio”, redactándose doce condicións entre as que destaca a

7ª que establece a celebración anual na Catedral de Lugo, o domingo infraoitava do Corpus, dunha cerimonia para que “se perpetue mas, y ferborice la debocion, y se reconozca ser echa dicha Doctaçion por el Reyno”, facendo ofrenda ao Santísimo Sacramento de forma similar á Ofrenda a Santiago Apóstolo por parte dos Reinos de España.

A escritura foi aprobada pola raíña Mariana de Austria, titora do seu fillo Carlos II, o 18 de outubro de 1669. O 19 de xuño de 1672, realizouse a primeira cerimonia da Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento tendo como protagonistas a Juan de Asensio, bispo de Lugo, e Juan Pardo Monzón, “Alcalde Mayor mas antiguo en la rreal audiencia de este rreino de Galicia y rrejidor perpetuo de la ciudad de mondoñedo en nombre de este mui noble rreino y sus siete ziudades que le componen”.

O 25 de maio de 1769 celebrouse a festividade de Corpus e, tres días despois, a Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo, que cumpría o seu primeiro século desde a escritura do donativo firmada o 1 de marzo de 1669.

Durante estes días festexouse a inauguración da obra que enmarca na actualidade a cerimonia: o impresionante tabernáculo de mármore realizado por José de Elejalde entre febreiro de 1766 e xaneiro de 1769, para “colocar en él el Santissimo Sacramento para su maior decencia y benerazion”.

A inauguración tivo como ilustre asistente ao Arcebispo de Santiago, Bartolomé Rajoy y Losada. En 1772, un século despois da primeira Ofrenda, inaugurouse a actual custodia que contén a Xesús Sacramentado no Altar Maior da Catedral de Lugo, obra do prateiro Manuel Vargas Machuca, e agasallo de Juan Sáenz de Buruaga, Arcebispo de Zaragoza, ata 1768 Bispo de Lugo.

A cerimonia da Ofrenda de entón non varía substancialmente da actual, segundo consta no Libro de Cerimonias da Catedral de Lugo: “Al tiempo del ofertorio viene el Maestro de Ceremonias con el pincerna y quatro Capellanes o Colegiales y da aviso al Señor Obispo (si está presente) para que baje de su silla y venga al altar maior á donde se sienta en su silla al lado del Evangelio sin ponerse el bonete, y luego vuelve dicho Maestro de Ceremonias con los quatro Capellanes y Pincerna a buscar al Regidor que baja de su silla y los dos Canonigos, y con este compañamiento le traen a la Capillla maior llevando delante de si el niño con la oferta, y llegando á las gradas del altar maior toma la oferta en susmanos, sube y se pone de rodillas a los pies del Prelado y ofrece en nombre del Reyno los mil y quinientos ducados. Su Señoría Ylustrísima recibe la oferta y da las gracias en nombre del Cavildo y Yglesia, y anuncia muchas prosperidades y buenos sucesos al Reyno por el servicio que hace a Su Majestad Sacramentado”.

 

 


Comentar