La Voz de Galicia

«En España non se pode vivir do boxeo»

Lugo

Tania Taboada Ex boxeador e actual adestrador

O lucense Miki Sánchez empezou competindo e actualmente exerce de adestrador

06 Feb 2017. Actualizado a las 16:56 h.

Domingo Sánchez, «Miki» (Lugo, 1964) foi desde sempre un lucense afeccionado ao deporte. Empezou xogando ao fútbol pero aos 14 años decidiu abandonar as patadas para empezar cos puños. Convencido de que o boxeo é un deporte do que non se pode vivir no noso país, sempre compaxinou esta afección co seu traballo como mecánico. Tras moitos anos competindo, no ano 1991 decidiu abandonar e centrarse tan só no taller que ten no Polígono de O Ceao. Circunstancias da vida, hai catro anos volveu a este deporte pero como adestrador. É o encargado de ensinarlle ao Piña as mellores técnicas para arrasar no cuadrilátero.

?¿Como empezou a súa andaina no mundo do deporte?

?Desde sempre me encantou practicar deporte. Empecei xogando ó fútbol na Comercial (o equipo filial do Lugo) e cando cumprín 14 anos mudei para o boxeo. Era un deporte menos coñecido pero a min gustábame e decidín empezar a miña andaina. Comecei como amateur e despois pasei a profesional.

?¿Como fixo para iniciarse?

?Busqueime a vida como puiden para que alguén me adestrara. Atopei con David Márquez. Empecei a practicar boxeo e quedei enganchado desde o primeiro momento.

?¿Empezou con moitas ansias?

?Sí. Empecei como se fora a mellor iniciativa. A pesar de que os deportes individuais son máis sacrificados e custa máis subir arriba, collino con moitas ansias. No fútbol son once persoas, son un grupo... No boxeo é unha persoa soa.

?¿En cantas pelexas chegou a participar?

?Cheguei a facer 85 pelexas de amateur. Tamén fun subcampión de España en peso pluma, en peso lixeiro e en súper lixeiro. En Galicia, fun campión desde que empecei a competir. En canto a profesional, realicei quince combates e perdín so dous.

?¿Que significa para vostede acadar tantos galardóns?

?É un orgullo e unha satisfacción moi grande. A min o deporte sempre me acompañou en sentido positivo. Das 85 pelexas só tiven catro derrotas. Sempre fun a dalo todo e a gañar. No boxeo, se empezas a pelexa e perdes, veste abaixo.

?¿Competíu en moitas cidades?

?Competín por todo España e Portugal. Fun convocado para a selección nacional dos Ánxeles de 1984 pero recuei. Tiñamos que estar concentrados un mes en Torrelodones. Tiña o billete sacado pero a última hora decidín non ir.

?¿Cal foi o motivo?

?Non fun por motivos laborais. En España o boxeo non da para vivir. Por iso sempre compaxinei o deporte co traballo.

?¿Cando abandonou as competicións?

?Deixei de competir en 1991 pero fai catro anos empecei como adestrador. Un lucense, Alberto Piñeiro Piña, veu polo taller e insistiume para que o adestrara. Facíaseme case imposible pero a base da súa insistencia decidín adestralo. A cambio fixemos unha promesa.

?¿Cal foi esa promesa?

?Que sería campión de España.

?¿Cómo recorda a primeira competición do seu alumno?

?En marzo do ano 2016 congregamos a 3.000 persoas no Pavillón Municipal. O Piña gañou pero por un engano arbitral déronlle o combate nulo.

?¿Non se renderon?

?Non. Fixéramos unha promesa e tiñamos que cumprila. En outubro Piña derrotou a Pérez Salido nunha pelexa a dez asaltos.

?¿Sigueo adestrando a pesar de cumprirse a promesa?

?Sí. Volveu a insistir e a poñer o seu título en xogo. Foi un rapaz que desde o primeiro momento se sacrificou moito por ser campión de España e non podo dicirlle que non as súas peticións.


Comentar