La Voz de Galicia

O cómico galego Touriñán encheu en Baleira

Lugo

A actuación foi organizada pola Asociación Os Carreiriños

25 Dec 2016. Actualizado a las 13:59 h.

O cómico galego Xosé Antonio Touriñán encheu o centro sociocultural de Baleira no transcurso da presentación do seu monólogo «Manolo Lojo», nunha actuación que organizaou a Asociación Os Carreiriños, que puxo o punto e final ás actividades do 2016. As entradas para o espectáculo vendéronse todas en pouco máis dunha semana. 

«Este foi o colofón ao noso primeiro ano de andanzas, no que organizamos dende rutas de sendeirismo, un concurso de fotografía e ata unha xornada de paintball. Desta forma, pretendemos chegar a todos os públicos coas nosas actividades. E agora afrontamos o 2017 con máis ganas e entusiasmo para continuar organizando múltiples actividades», explicaron desde a asociación.

 

 


Comentar