La Voz de Galicia

Setembro

Lugo

Carlos Ferreiro

04 Sep 2010. Actualizado a las 02:00 h.

X

a está aquí setembro. Que dito así, sen máis, soa como calquera outro mes do ano. Como calquera outro do ano, pero non do calendario laboral. Este é como un enorme luns. Un luns coas dimensións dun mes. Vaia, unha barbaridade.

E aquí estamos, outra vez. Outra máis. E esta é a última, ata Nadal, claro. Explícoo: comeza o ano cada un anotando o seu propósito: deixar de fumar, facer deporte, ler a obra completa de Tolstói... aínda que, xa saben vostedes como funciona isto. E é que, en realidade, os propósitos tampouco eran tan importantes. De feito, ben poden esperar ás vacacións de verán. As vacacións xa pasaron, comeza un novo curso, e ¿agora que? Pois agora a esperar ata Nadal para completar o bucle e... outra vez a empezar.

Sempre podemos optar por ese último cartucho de pedirlle un desexo a unha estrela fugaz. Unha desas que resgan o firmamento correndo ansiosas por chegar a non se sabe onde e que rematan por autoconsumirse e desaparecer no seu propio ocaso. Vamos, tal como a vida mesma.

Iso, as estrelas, porque ante o risco do ocaso, sempre queda o de nadar e gardar a roupa. Un exemplo: o aspirante á alcaldía de Lugo polo Partido Popular, a falta de responsabilidades na Xunta de Feijoo, seguirá como deputado autonómico e concelleiro. Convirán vostedes comigo en que o seu sería que, dende o convencemento de que será o próximo alcalde de Lugo, renunciase á súa acta como deputado autonómico para dedicarse de pleno á nosa cidade. Deste xeito non parece que sexa unha aposta decidida. Isto soa máis a un: «a ver se sae, e se non... virxeciña santa que quede como estou»" -como concelleiro e como deputado-.

redac.lugo@lavoz


Comentar