Teatro galego en Lugo
Lugo
DESDE O ADARVE | O |
20 Mar 2006. Actualizado a las 06:00 h.
A CONCELLO de Lugo programa festivales de teatro que están a ter un notable éxito de público e tamén destacan polas producións que se invitan. Pero un dos puntos débiles da programación municipal é o teatro galego, xa que as funcións que chegan non se publicitan correctamente ou do mesmo xeito que cando se fan festivales. Xa que o Concello forma parte da Rede Galega de Auditorios sería bo que se soubese vender mellor a produción escénica que hai en Galicia, que por outra parte é bastante boa e pouco coñecida en Lugo. No prazo dun mes estarán no Gustavo Freire o Hamlet de Tosar e O heroe de Manuel Rivas. ¿Por que non se aproveitan estas funcións para vender mellor o teatro galego en Lugo? ¿Por que un ano máis o Centro Dramático Galego non presenta o seu último espectáculo ( Illa Reunión ) en Lugo?