Galicia vista dende Chicago
Lugo
DESDE EL ADARVE
05 Feb 2005. Actualizado a las 06:00 h.
AGORA que vai medrando, regaleille ao meu pequeno un deses globos terráqueos para a habitación, por ver se amplía horizontes máis aló da máquina dos videoxogos. É bo rapaz, incluso controla de Xeografía, pero a súa xeración ten a Play e a Game coma unha relixión case exclusiva. O caso é que lle comprei a esfera, que resultou estar feita en USA, entre Illinois e Chicago, por Reploge Globes. Fundada en 1930, esta firma presume de «expandir o teu mundo» e dunha cartografía que bebe en importantes fontes: embaixadas, Goberno dos Estados Unidos, Departamento de Estado, a CIA ou o National Imagery and Mapping Agency. E como hai que partir dalgún lado fun mirar, como din os meteorólogos, a cornisa cantábrica. Na esfera non ven Lugo. En Galicia só pon Ferrol (situada na Coruña) e La Coruña (co punto en Compostela). Non sei se así lle darei expandido ben o mundo ao cativo.